NÓS

O Concello da Coruña desde as súas instalacións creadas fai máis de 25 anos, xestiona a través da concesionaria Servigal a actividade de recollida, garda, custodia e observación veterinaria de cans e gatos abandonados en vía publica no termino municipal prestando servizo as 24 horas dos 365 días do ano. Este servizo, coa supervisión do Concello da Coruña, foi progresando co paso dos anos. Este desenvolvemento realizouse cumprindo as leis de protección dos dereitos e benestar dos animais.

Desde a empresa concesionaria, contan cun amplo equipo debidamente formado tanto de veterinarios como de operarios para a correcta atención dos animais. Ademais, se conta cunha frota de 4 vehículos autorizados para o traslado de animais e de cadáveres no Concello da Coruña.

En sintonía coas estratexias de protección animal e de convivencia responsábel, o Concello da Coruña en colaboración con Servigal promoveu numerosas campañas de sensibilización e xornadas informativas, coas que se logrou un maior coñecemento da cidadanía de boas prácticas de benestar animal e posesión responsábel de mascotas, así como do funcionamento do servizo municipal de recollida e residencia de animais domésticos. Debido a isto, entre outros motivos, nos últimos 12 anos saíron das instalacións municipais do Concello da Coruña 2210 animais adoptados e 2103 animais retirados polos seus propietarios.

Dispoñemos tamén do servizo de recollida de cadáveres de mascotas tanto para particulares como para as clínicas veterinarias.

Utilizamos cookies propias e de terceiros, para mellorar os nosos servizos, elaborar información estatística e analizar os seus hábitos de navegación. Isto permítenos personalizar o contido que ofrecemos e mellorar a túa experiencia. Podes obter máis información na nosa Política de Cookies

Nesta fiestra podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento podes acceder á nosa Política de Cookies