Colonias felinas censadas
Actualmente na cidade da Coruña existen recoñecidas 13 colonias felinas que son:
- Adormideras (fronte a los Menhires)
- Torre de Hércules (acceso a praia Lapas)
- Rotonda Pavo Real (acceso ao Punto Limpio)
- Los Rosales (no lateral de Maderas Peteiro)
- Palavea (preto do lavadoiro)
- Monelos
- Os Castros (zona Adif)
- Praia de Oza
- Falperra
- Barrio de las Flores
- Dique de Abrigo - Parrote
- Parque Sta. Margarita
- Eiris
Procedemento de control (CES)
O método C.E.S trata sobre a súa esterilización para impedir o aumento descontrolado da densidade de animais. Unha vez esterilizados, identificados, marcados e tratados de maneira sanitaria, os animais son devoltos ao territorio onde desenvolven a súa vida.
Procedemento de solicitude de intervención, comunicación de incidencias, suxestións e queixas.
Os cidadáns deberán de poñerse en contacto chamando ao 010 ou ao Centro Municipal de Recollida de Animais ao teléfono 981 263 093.
Consellos sobre a convivencia coas colonias felinas
Os gatos comunitarios, a efectos da Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais, considérase gato a todo aquel individuo da especie Felis catus, que vive en liberdade, mais vinculado a un territorio e que non pode ser abordado ou mantido con facilidade polos seres humanos debido ao seu baixo ou nulo grao de socialización, mais que desenvolve a súa vida en torno a estes para a súa subsistencia.
- Actualmente a presenza de colonias felinas é unha realidade en todas as aldeas e cidades, e a convivencia pode provocar conflitos. Como en case todo, encontrarémonos partidarios e detractores dos felinos.
- Persoas que os coidan, alimentan ou simplemente que os respectan, e outras ás que, pola contra, lles incomoda a súa presenza.
- Respecta aos animais cos que che toca convivir e intenta empatizar con eles e a súa situación.
- Non os alimentes, podes causarlles máis problemas que beneficios neste acto. Se na zona hai unha colonia felina recoñecida, dita colonia terá alimentador/es que se encargan de facelo adecuadamente. Se non é o caso deberás comunicalo á administración.
- Se desexas alimentar aos gatos comunitarios, contacta coa área de medio ambiente do concello para que poida explicarte como colaborar e como facelo da forma correcta.