CONVIVENCIA

Tal e como indica a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais, os propietarios teñen as seguintes responsabilidades:

  • Artigo 24 da Lei 7/2023
  • Artigo 26 da Lei 7/2023

Todas as persoas están obrigadas a tratar aos animais conforme a súa condición de seres sentintes.

En particular, os seus titores ou responsábeis deberán observar as seguintes obrigas respecto dos animais incluídos no ámbito de aplicación desta lei:

  • Mantelos nunhas condicións de vida dignas, que garantan o seu benestar, dereitos e desenvolvemento saudábel. En caso dos animais que, polas súas características e especie, vivan de forma permanente en gaiolas, acuarios, terrarios e similares, deberán contar con espazos adecuados en tamaño, naturalización e enriquecemento ambiental para a súa tenencia. As condicións para cada especie desenvolveranse regulamentariamente.
  • Educar e manexar ao animal con métodos que non provoquen o sufrimento ou maltrato ao animal, nin lle causen estados de ansiedade ou medo.
  • Exercer sobre os animais a adecuada vixilancia e evitar a súa fuxida.
  • Non deixalos sós dentro de vehículos fechados, expostos a condicións térmicas ou de calquera outra índole que poidan poñer a súa vida en perigo.
  • Prestar ao animal os coidados sanitarios precisos para garantir a súa saúde e, en todo caso, os estipulados como obrigados segundo a súa normativa específica, así como facilitarlles un recoñecemento veterinario coa periodicidade que se determine regulamentariamente, que deberá quedar debidamente documentado, no seu caso, no rexistro de identificación correspondente.
  • Manter permanentemente localizado e identificado ao animal conforme á normativa vixente.
  • Comunicar á autoridade competente a perda ou subtracción do animal no prazo máximo de corenta e oito horas desde que se produciu a mesma.
  • Recorrer aos servizos dun profesional veterinario, ou veterinario acreditado en comportamento animal, sempre que a situación do animal o requira.
  • Colaborar coas autoridades, facilitando a identificación dos animais cando así sexa requirido e comunicando o seu cambio de titularidade, extravío ou morte.
  • En xeral, cumprir coas obrigas que se estabelecen nesta e outras normas.

A persoa responsábel dun animal será tamén responsábel dos posíbeis danos, prexuízos ou molestias que, sen mediar provocación ou neglixencia dun terceiro, puidera ocasionar a persoas, outros animais ou cousas, ás vías e espazos públicos e ao medio natural, en conformidade coa lexislación aplicábel.

Os titulares ou persoas que convivan con animais de compañía teñen o deber de protexelos, así como a obriga de cumprir o previsto na presente lei e na normativa que a desenvolva, e en particular:

  • Mantelos integrados no núcleo familiar, sempre que sexa posíbel pola súa especie, en bo estado de saúde e hixiene.
  • Os animais que, por razóns incompatíbeis coa súa calidade de vida, tamaño ou características da súa especie, non poidan convivir no núcleo familiar, deberán dispoñer dun aloxamento adecuado, con habitáculos acordes as súas dimensións e que os protexan das inclemencias do tempo, en boas condicións hixiénico-sanitarias de forma que se facilite un ambiente no que podan desenvolver as características propias da súa especie e raza; en caso de animais gregarios procuraráselles a compañía que precisen.
  • Adoptar as medidas precisas para evitar que a súa tenencia ou circulación ocasione molestias, perigos, ameazas ou danos ás persoas, outros animais ou ás cousas.
  • Adoptar as medidas necesarias para evitar a reprodución incontrolada dos animais de compañía. A cría só poderá ser levada a cabo por persoas responsábeis da actividade de cría de animais de compañía inscritas como tales no correspondente Rexistro.
  • Evitar que os animais depositen os seus excrementos e urinas en lugares de paso habitual doutras persoas, como fachadas, portas ou entradas a establecementos, procedendo en todo caso á retirada ou limpeza de aqueles con produtos biodegradábeis.
  • Facilitarlles os controis e tratamentos veterinarios estabelecidos como obrigados polas administracións públicas.
  • En caso dos animais de compañía que, polas súas características de especie, vivan de forma permanente en gaiolas, acuarios, terrarios e similares, deberán contar con espazos adecuados en tamaño, naturalización e enriquecemento ambiental para a súa tenencia. As condicións para cada especie desenvolveranse regulamentariamente.
  • Superar a formación en tenencia responsábel regulamentada para cada especie de animal de compañía.
  • Identificar mediante microchip e proceder á esterilización cirúrxica de todos os gatos antes dos seis meses de idade salvo aqueles inscritos no rexistro de identificación como reprodutores e a nome dun criador rexistrado no Rexistro de Criadores de Animais de Compañía.
  • Comunicar á administración competente e ao seu titular a retirada do cadáver dun animal de compañía identificado.

A baixa dun animal de compañía por morte deberá ir acompañada do documento que acredite que foi incinerado ou enterrado por unha empresa recoñecida oficialmente para a realización de ditas actividades, facendo constar o número de identificación do animal finado e o nome e apelidos do seu responsábel ou, no seu defecto, que quede constancia nas bases de datos da empresa que se ocupou do cadáver. En caso de imposibilidade de recuperar o cadáver, deberase documentar adecuadamente.

Condicións nas que poden estar os animais en espazos públicos.

Tal e como indica a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais, Artigo 29:

Espazo para cans

Actualmente na Coruña contamos con unha superficie estimada de 16500 m2 aproximadamente repartidos entre cinco áreas caninas:

  • A.C. Sta. Margarita
  • A.C. Parque Adolfo Suárez
  • A.C. Mesoiro
  • A.C. Parque de Eirís
  • A.C. Parque de Bens

Estas infraestruturas son zonas acortadas e delimitadas mediante valado que contan cunha gran cantidade de servizos, marquesiñas, bancos, luz, auga, papeleiras e zonas de aseo para as mascotas, nas que os cans poden desfrutar soltos do xogo, sempre vixiados polos seus guías.

Praias para cans

A cala de Bens, ten a consideración de “praia canina”. A esta praia poderán acudir durante todo o ano as persoas usuarias acompañadas dos seus cans, podendo permanecer sen correa, debendo manter en todo momento un control permanente e directo dos animais, de forma que non produzan molestias a outras persoas usuarias.

Quen acuda en compañía dos seus animais deberán recoller os seus excrementos inmediatamente despois de que se produzan.

Condicións de uso do transporte público

Tal e como indica a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais, Artigo 29:

  • Os transportes públicos e privados facilitarán a entrada de animais de compañía que non constitúan un risco para as persoas, outros animais ou cousas, sen prexuízo do disposto na normativa sobre a saúde pública, nas ordenanzas municipais ou normativa específica. Non obstante, os condutores e condutoras do servizo público de taxi ou de vehículos de turismo con condutor facilitarán a entrada de animais de compañía nos seus vehículos de maneira discrecional, salvo circunstancias debidamente xustificadas. Os operadores ferroviarios de corta, media e longa distancia, así como as navieiras e as compañías aéreas adoptarán as medidas precisas para garantir o transporte de animais de compañía nestes medios de transporte, sempre que se realicen nas condicións de acceso estabelecidas por cada un dos operadores, respectando as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade esixidas pola lei.
  • As persoas responsábeis de animais de compañía que podan acceder aos transportes, establecementos e lugares sinalados nos apartados anteriores, deberán levar ao animal conforme ás condicións hixiénico-sanitarias e respectando as medidas de seguridade que se determinen polo propio establecemento ou medio de transporte, así como a lexislación sectorial específica.
  • O acceso a medios de transporte, establecementos e lugares previstos neste artigo, de cans de asistencia e pertencentes ás Forzas Armadas ou Forzas e Corpos de Seguridade non será discrecional nin se incluirá nas cotas de acceso de houber, levándose a cabo conforme á súa lexislación específica. En todo caso os cans de asistencia poderán acceder a calquera espazo acompañando á persoa a que asistan.

Establecementos do municipio que admiten o acceso de mascotas

Coa entrada en vigor da nova Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais, os establecementos públicos e privados, aloxamentos hoteleiros, restaurantes, bares e en xeral calquera outro no que se consuman bebidas e comidas, poderá facilitar a entrada de animais de compañía que non constitúan un risco para as persoas, outros animais e as cousas, a zonas non destinadas á elaboración, almacenamento ou manipulación de alimentos, sen prexuízo do disposto na normativa sobre a saúde pública, ou das ordenanzas municipais ou normativa específica.

En caso de non admitir a entrada e estancia do animal deberán mostrar un distintivo que o indique, visíbel desde o exterior do establecemento.

Utilizamos cookies propias e de terceiros, para mellorar os nosos servizos, elaborar información estatística e analizar os seus hábitos de navegación. Isto permítenos personalizar o contido que ofrecemos e mellorar a túa experiencia. Podes obter máis información na nosa Política de Cookies

Nesta fiestra podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento podes acceder á nosa Política de Cookies