CUESTIÓNS FRECUENTES

  • Que facer cando encontro un animal abandonado?
  • Que é preciso para adoptar un animal, can/gato, no centro municipal de animais?
  • Canto custa adoptar un animal?
  • Se dispoño de outro animal, podo acudir ao centro con el para que coñeza ao animal que quero adoptar?
  • Pódese acudir en máis de unha ocasión para coñecer e estar cos animais?
  • Que debo facer cando un animal da miña propiedade se escapa?

Chamar ás autoridades competentes (Policía Local, Garda Civil, 112) do Concello onde se encontra.

Acudir ao centro municipal de animais para coñecelos, no caso de estar interesado nun deles, só é preciso que a persoa adoptante sexa maior de idade e presente o seu DNI para proceder á adopción e aboar as taxas estipuladas polo Concello da Coruña para a súa adopción.

A adopción custa 58,13€, este importe comprende as taxas de chip e vacina, a esterilización é gratuíta, tanto para cans como para gatos.

Se dispón de outro animal pode acudir con el para que coñeza ao seu posíbel compañeiro, desde o centro municipal de animais sempre que o adoptante teña outro animal recomendámolo, dispoñemos de varias zonas de recreo para que os animais teñan un primeiro contacto e podan coñecerse antes de dar o paso definitivo da adopción.

Si, o futuro adoptante dun animal pode acudir e estar co animal en máis de unha ocasión para coñecelo e tratalo, antes de dar o paso definitivo para a súa adopción.

Tal e como recolle a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e benestar dos animais no Artigo 24, apartado g) Comunicar á autoridade competente a perda ou subtracción do animal no prazo máximo de corenta e oito horas desde que se produciu a mesma. Ademais, se o animal dispón de microchip asegurarse que os datos que figuran encóntranse actualizados, en caso de non estalo, deberá actualizalos na maior brevidade posíbel.

Utilizamos cookies propias e de terceiros, para mellorar os nosos servizos, elaborar información estatística e analizar os seus hábitos de navegación. Isto permítenos personalizar o contido que ofrecemos e mellorar a túa experiencia. Podes obter máis información na nosa Política de Cookies

Nesta fiestra podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento podes acceder á nosa Política de Cookies